martes, 23 de marzo de 2010

Na busca do tesouro

@s clubeir@s andan á caza do tesouro, e, pista tras pista, van atopando as distintas bandas deseñadas de produción francesa á vez que nos damos de conta de que non só Astérix loce na biblioteca. Ao principio custou un pouco, pero, unha vez collido o truco, foi pan comido e axiña recoñecemos as obras.
Finalizamos comentando e falando das nosas bandas deseñadas preferidas; cada lector é un mundo e, con respecto ao cómic, @s nos@s clubeir@s son exquisitos.

 

jueves, 11 de marzo de 2010

Pontevedra: Salón do libro e Rota Castelao

Salón do Libro


Fai uns días, os alumnos de 1º e 2º da ESO e os do Club de Lectura fomos de excursión a Pontevedra, ao Salón do Libro e á Rota Castelao.
Unha vez que chegamos alí, esperamos un pouco para entrar xa que había rapaces doutros colexios. Xa dentro, vemos varias salas, creadas por distintos rapaces da carreira de Belas Artes, que recreaban diversos escenarios ambientados na cidade.
Logo, ao saír das salas, leváronnos a ver unha exposición de libros e manualidades feitos por alumnos de distintos colexios. Eran libros moi elaborados para ser creados por rapaces, e había unha gran variedade para observar.
De alí a un pouco, ensináronnos un carriño feito dunha bicicleta no que un home se montaba e ía pola rúa deixando libros a todo o mundo que quería.
Por último, tivemos a oportunidade de ver dous camións de bombeiros e observar todos os artiluxios que os compuñan.
Logo, fomos a facer unha rota sobre Castelao e volvemos para o colexio.


Rota Castelao


Fomos visitar Pontevedra para facer a “Rota Castelao” e paseamos pola praza de Méndez Núñez, a da Ferraría, o Café Moderno, a das Verduras … axudados polo guía que nos informou das moitas actividades que se facían antigamente alí.
Paramos a merendar na praza da Ferraría. Aínda que é ben fermosa, unha das prazas máis importantes e que máis nos gustou foi a das Verduras na que antigamente se vendía este produto. Tamén nos impresionou o Teatro Principal, que antigamente era unha igrexa e por iso está rodeado de cipreses, os cales representan o antigo cemiterio.



miércoles, 10 de marzo de 2010

Labirintos e adiviñas lóxicas

En Labirintos e adiviñas lóxicas utilizamos textos de Jorge Luis Borges (O Aleph), Malba Tahan (O home que calculaba) e Raymond Smullyan (Como se chama este libro?).

Foron catro pequenas actividades nas que solucionamos adiviñas (do libro de Smullyan), lemos un pequeno relato (de Borges) e falamos de distintos labirintos: os petroglifos celtas, o xogo da oca como metáfora do labirinto da vida e o deserto (como no texto de Borges), onde aprendimos as tres formas de repartir o pan (do libro de Tahan).