jueves, 9 de junio de 2011

Club de Lectura 4º ESO 8ª sesión: Á luz das candeas

Retomamos a vella tradición da transmisión oral da narrativa popular da man do gran contista Ánxel Fole, tentando aclimatalo, mágoa dunha lareira!, con candeeiros que provoquen a escuridade precisa para alentar o medo.
Desta vez, é a profesora a que, a falta dun contacontos profesional, le “Aleluia”, á luz das candeas, do libro de relatos Á lus do candil.
O que ignoran os clubeir@s é que contamos cun especialista en efectos especiais de moito talento. Santi Piovene, que xa tiña lido estes relatos, axudou a acelerar o ritmo cardíaco dos seus compañeiros, mesmo houbo berros, coa imitación do “ta, ta, ta…” do caiado no chan batendo estrondosamente unha porta ou cando o “Pan!...” dunha porta que se abre converteuse no pesado volume 1 do dicionario Gran Xerais caendo no chan. Descubrimos, ademais doutra funcionalidade dos dicionarios, que, ademais dun bo conto, os efectos especiais son esenciais para conseguir empatizar coa historia.

miércoles, 1 de junio de 2011

Club de Lectura 4º ESO 7ª sesión: Relacións afectivas e emocionais

TRABALLANDO COAS EMOCIÓNS

O martes 31 de maio no Club de Lectura de 4º ESO unha lectura de contos taoístas, zen referidos ás emocións.

1ª lectura : Os lobos. Lido por Adrián Vilaboa e Santi Piovene.
2ª lectura: O valor das cousas. Lido por Marta Cabaleiro e Nerea Fernández.
3ª lectura: O samurai e o pescador. Lido por Carla Lago e Aida Darriba.
4ª lectura: Conto taoísta. Estefanía Calvar e Estela Cabaleiro.