lunes, 2 de julio de 2012

8ª SESIÓN DO CLUB DE LECTURA CON NAIS

TALLER DE PAPIROFLEXIA CO PROFESOR MIGUEL ÁNGEL VIDAL AUTOR DO LIBRO DOBLANDO LAS MATES, de AUGA EDITORA.
 
Miguel Ángel Vidal é profesor de matemáticas do noso centro e leva unha chea de anos especializado na educación de nen@s de diversificación curricular. Son rapaces e rapazas que por diversos motivos teñen serias dificultades na aprendizaxe.
Miguel Ángel mostra como a papiroflexia pode ser unha ferramenta útil para ensinar conceptos matemáticos dun xeito lúdico e utilizando a destreza manual. Na sesión, ademais de o autor do libro, acompañounos o ilustrador Luis Alonso Villar.
Unha das nais, Flora, preguntou a Miguel Ángel sobre a mención no libro de oito tipos de intelixencias: emocional, lingüística, matemática, espacial, corporal, naturalista, musical e interpersonal. O que nos fixo reflexionar sobre os diferentes xeitos que poden ter @s nos@s alumn@s á hora de aprender. Coa papiroflexia pódense traballar todas as inteligencias.

Para poñer sobre a práctica estas premisas, Miguel Ángel propúxonos unha tarefa sinxela de origami: a caixa de Fuse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario